Índice
 
bandeira
Páxina principal
Descargas
Páxinas web
Envía un comentario
Envía unha nova
Recoméndanos
 
NOVAS NA PRENSA
 

2 de xullo do 2009

 
18 de xullo do 2009
 
Estatutos e ficha
 

Se queres unirte a nós, aquí tes a ficha para asociarte

 
VÍDEOS DE ECONOMÍA
 
 
ÚLTIMO BOLETÍN
 
 
Xunta diretiva e datos
 
 
REDE SOCIAL
 

ENTRA na Rede social de AGAEDES

 
Xente Conectada
 
Actualmente hai 3 invitados, 0 membro(s) conectado(s).

Es un usuario anónimo. Podes rexistrarte aquí
 
Ponderacións CIUG

A disparatada decisión da CIUG sobre as ponderacións das materias de economía do bacharelato.

(cronoloxía e documentos de todo o sucedido, ao final desta noticia)

A Comisión Interuniversitaria de Galicia publicou a finais do curso pasado un documento no que se establecen as ponderacións que se asignarán ás materias de bacharelato nos exames das PPAU do curso 2009/10.

Á materia de “economía da empresa” asígnaselle a ponderación mínima (0,1) en tódolos casos (mesmo para os graos de economía e ADE). Sorprendentemente en tódolos graos de economía e ADE de Galicia, entre as materias ás que se lle asigna a máxima ponderación, están química, bioloxía, física, ou xeografía.

É unha decisión totalmente falta de sentido. Con isto, un alumno que curse química, bioloxía, física, ou xeografía, se se examina nas PPAU desas materias, esa nota vai ter o dobre valor (0,2), que se se examina de “economía da empresa”.

¿Cáles son entón as competencias que ten que ter un alumno cando chega a unha facultade de económicas?.

Señores da CIUG, recordámoslles que o 27 de marzo de 2009 a Conferencia de Decanos de Economía e Empresa (CONFEDE), acordou recomendar ás autoridades educativas de toda España, a ponderación 0,2 na fase específica na materia “Economía da Empresa”.

¿A opinión dos decanos das facultades de economía e empresa non conta nada para vostedes?. Para nós conta e moito.

DATA
ACTUACIÓNS
Febreiro A CEAPES (Confederación estatal de asociacións de profesorado de economía en secundaria), envía unha carta de protesta á CIUG, amosando o malestar do resto das asociacións do estado español, por esta decisión
Xaneiro Os socios de AGAEDES inician unha campaña de envío masivo de correos electrónicos de protesta á CIUG
9 decembro

O presidente e a Vicepresidenta de AGAEDES reúnense co Conselleiro de Educación Don Jesús Vázquez Abad, e co Director Xeral Don Jose Luís Mira Lema, para facerlle chegar o noso malestar por toda esta situación, e para pedir o apoio da Consellería.

Primeiro Trimestre AGAEDES segue a recibir cartas de varios decanos, en contra desta actuación da CIUG
24 xullo

AGAEDES envía cartas informativas aos decanos de facultades que imparten graos da área de CC Sociais, informándoos da estrutura do bacharelato, e do currículum das materias de economía.

Infómaselles que se fará pública entre o profesorado de economía, a listaxe das facultades que soliciten sobreponderar a nosa materia, de cara a que podamos orientar axeitadamente ao noso alumnado de cara a que continúen estudos naqueles graos nos que se valoren positivamente as competencias que traballamos.

Irase facendo público nesta web

20 xullo
AGAEDES envía cartas informativas ao Secretario Xeral de Universidades, ao Director Xeral de Educación, e ao Presidente da OEE
20 xullo
AGAEDES contesta á CIUG rebatetindo e xustificando, un por un, tódolos argumentos dos que esta institución se vale para xustificarse. Documento
9 xullo
AGAEDES recibe o apoio de varios decanos. Carta do Decano de socioloxía da Universidade da Coruña. Documento
9 xullo
A CIUG contesta a AGAEDES explicando os motivos, desestimando as nosas peticións, e restándonos representatividade. Documento
7 xullo
AGAEDES envía cartas informativas aos decanos de facultades que imparten graos da área de CC Sociais
2 xullo
O "Correo Gallego" faise eco desta noticia. Documento
30 xuño
AGAEDES envía un escrito de protesta á CIUG, e cartas informativas ao Conselleiro de Educación, e ao director do grupo de traballo de economía da CIUG. Documento
29 xuño
A CIUG remite aos centros o documento das ponderacións. Documento


Última hora

Mensaxe 1

Amplía a información

Recórdase a todos/as, que o director do grupo de traballo de Economía da Comisión Interuniversitaria de Galiza, enviounos hai un tempo información aos centros, sobre a incidencia do novo plan xeral de contabilidade, nos contidos do exame de economía e organización de empresas na proba do selectivo deste ano

Mensaxe 2


Próxima convocatoria da olimpiada de economía en Galicia

Olimpiada española de economía. entra na súa páxina web

Mensaxe 3

Cuotas 2009

Esta aberto o prazo para que os/as asociados ingresedes as cotas do ano 2009.

Recordade que a cota deste ano son 30 euros.

Os/as que teñades ás cotas domiciliadas, pasarásevos o recibo polo banco en breve prazo.


Mensaxe 4

Tedes o folleto para publicitar a materia "obradoiro de Iniciativas Emprendedoras" no voso centro, listo para descargar.

Atópase na sección adicada ao obradoiro na parte dereita.


Páxina da Consellería

Desde febreiro do 2009, eres o visitante número

Contador

Protesta polas ponderacións
 
ciug
 
Ponderacións CIUG
 
Facultades que solicitaron da CIUG a sobreponderación de "Economía da Empresa"

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais (Santiago)

Escola Universitaria de Relacións Laborais (Santiago)

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais (A Coruña)

Facultade de Socioloxía (A Coruña)

Escola Universitaria de Relacións Laborais (A Coruña)

 
OBRADOIRO
 

Materiais elaborados pola profesora Lurdes Arias

Materiais para o alumno

Materiais para o profesor/a

 
A Consellería
 
Correo da Consellería

Páxina da Consellería

 
Web site powered by PHP-qec601
Todos os logos e marcas deste sitio son propiedade de AGAEDES. Os comentarios son propiedade dos seus posteadores © 2009 AGAEDES.